|
| | O Seminario Galán
O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), constituiuse hai agora doce anos, no curso escolar 1997-98. Este primeiro Seminario estaba composto por seis profesores e profesoras do propio CEIP de Galán e outros do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo. O número de integrantes era o máximo que permitía o Centro de Formación do Profesorado (CEFORE), ao que estaba adscrito.
As súas primeiras publicacións pretendían afondar no coñecemento no contorno de ámbolos dous centros, polo que establecimos catro itinerarios do concello que nos podían dar unha imaxe nidia de por onde se movían as nosas respectivas comunidades escolares. Deses catro itinerarios xurdiron outras tantas publicacións, unha por curso escolar:
O Santuario de Pastoriza
Os Milagros de Caión
O val de Loureda
A Fraga de Sisalde
Estas catro edicións tiveron unha tirada de 1.000 exemplares cada unha e foron repartidas entre o alumnado e as entidades culturais do concello. A financiación destes Seminarios corría a cargo da Xunta de Galicia por medio dos fondos económicos destinados ás actividades do CEFORE. Durante estes catro primeiros anos os membros do Seminario tamén colaboraron coa Concellería de Educación do Concello de Arteixo elaborando e editando un monográfico dedicado a Manuel Murguía, conmemorando o Día das Letras Galegas e outro monográfico sobre a Fraga de Sisalde, máis amplo co editado dous anos antes, e coincidindo coa rehabilitación dese espazo natural por parte do concello de Arteixo. Esta última publicación distribúese na actualidade entre os participantes das visitas guiadas organizadas pola Concellería de Educación á Fraga.
A partir do curso 2002/2003 as actividades do Seminario centráronse na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano. Este traballo, inicialmente limitado a un traballo de recopilación biográfica e de estudo da época de cada escritor, foise enriquecendo co paso dos anos coa elaboración de actividades orientadas aos alumnos de Educación Infantil e Primaria para realizar sobre papel impreso, e a partir do curso 2006/2007 tamén actividades en liña empregando soportes como Jclic, Edilim ou Ardora. Neste curso 2010/2011 o Seminario está integrado por:
Seminario de Formación Permanente «Lois Pereiro» - Xulio Gallego Revaldería
- Armando Xosé Herrero Mayor
- M.ª Luísa Mosquera Seijo
- Paz Santiso Andrade
- Ana María Seijo López
- Mario Ramón Suárez Hermida
Seminario de Formación Permanente «Material didáctico sobre Lois Pereiro»- María José Fernández de Sanmamed Maneiro
- Magdalena Alonso Franco
- Eva Raquel Guimarey Cedeira
- M.ª Isabel Hortas González
- M.ª Jesús Souto Pereira
- María José Vidal Dopazo
Seminario de Formación Permanente «Lois Pereiro na Rede»- Ana Fernández Jonte
- Vanessa Guimarey Cedeira
- Manuel Paz Anido
- Julio Pedrosa Moreno
- José Antonio Picado Rodríguez
- M.ª Belén Suárez Carballo
Asesoría pedagóxica CEFORE A CoruñaMaquetación e deseño gráfico- Manolo Paz Anido (www.edugaliza.org)
Colexios participantes- CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo
- CEIP Eusebio da Garda, da Coruña
- CEIP Torrente Ballester, de Sigrás-Cambre
- CEIP Luís Seoane, de Mera-Oleiros
- CEIP Montel Touzet, da Coruña
- CEIP Portofaro, do Temple-Cambre
- CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión
- CEIP Virxe do Mar, de Narón
- CEIP W. Fernández Flórez, de Cambre
- CEI de Vilarrodrís, en Arteixo
- CEIP San Xosé Obreiro, de Meicende, Arteixo
- CEIP María Barbeito, da Coruña
|
|